Recollidas case 2 toneladas de orgánicos na Laracha

nhdiario.

  • Unhas 400 familias e 41 empresas xa son usuarias do novo servizo.

Os primeiros quince días de funcionamento do colector marrón de orgánicos, a quinta fracción da recollida selectiva, arroxa datos que o Concello da Laracha considera moi satisfactorios e que indican o bo uso que as preto de catrocentas familias e corenta e unha empresas que xa se sumaron ao voluntariado marrón están a facer deste novo servizo implantado nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión, así como na urbanización Monte Claro de Cabovilaño.

Nestas primeiras dúas semanas recolléronse en torno a dúas toneladas de residuos orgánicos cunha media superior aos catrocentos quilos en cada recolección (dúas semanais) que foron transportadas á planta de Sogama para recibir un tratamento específico, respectuoso co medio ambiente. A previsión é que esta cifra aumente progresivamente xa que a cifra de familias dadas de alta no programa Ti tes a chave continúa aumentando día a día.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha