- O rexedor, Lois García Carballido, destacou o compromiso ambiental dentro do programa Vilas en Flor
O Concello de Ponteceso recolleu 38.490 quilos de plástico agrícola durante o 2021. Unha acción que dá conta do seu cumprimento co compromiso ambiental dentro do programa Vilas en Flor, onde o Concelllo subiu de dous a tres emblemas.
O rexedor, Lois García Carballido, visitou unha granxa en Xornes e conversou con Mario Mato sobre os procesos de recollida actual. Ambos coincidiron no avance que supuxo o novo sistema antes «había que apilar e atar os plásticos e perdíase moito tempo, e agora vén o camión de recollida granxa por granxa, cun pulpo, engancha todos os plásticos e afórrase moito tempo».
Parte das 38,5 toneladas recollidas remataron nun planta de reciclaxe, polo que é posible que volvan a ser reutilizadas.