Numeradas varias propostas de actuación no centro de saúde de Val do Dubra

0 minutes read

O delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, realizou unha visita institucional ao concello de Val do Dubra para entrevistarse co seu alcalde, José Manuel Varela. No encontro repasaron os proxectos que ten actualmente en marcha a Xunta neste municipio e interesouse polas suxerencias achegadas polo rexedor. Posteriormente desprazáronse ata o centro de saúde do Concello para facer unha visita que contou coa presenza da xerente da área sanitaria da Coruña, Eloina Núñez. No encontro recolleron algunhas propostas de actuación no edificio para mellorar a calidade asistencial que se presta aos veciños.