Recomendan aplicar produtos fitosanitarios protectores nas cepas afectadas polo pedrazo

1 minutes read

Técnicos de Medio Rural desprazáronse ao concello de Sober para coñecer de primeira man os danos ocasionados nas vides tras o pedrazo rexistrado na zona os últimos días. os técnicos recomendan aplicar ata o vindeiro sábado 4 de maio -dada a favorable previsión meteorolóxica- diversos produtos fitosanitarios protectores co fin de evitar máis danos. Así mesmo, na medida do posible, tamén recomendan realizar a poda en verde das cepas, rebaixando a lonxitude dos gromos máis desenvolvidos en aproximadamente 1/3 da súa lonxitude. Neste senso, cabe sinalar que os técnicos da Consellería do Medio Rural fixeron un primeiro percorrido pola zona e constataron que nunha superficie dunhas 11,5 hectáreas as vides quedaron sen follas nin acios e que tamén houbo afeccións, aínda que en menor medida, noutras 74,8 hectáreas adicionais. Con todo, o director apuntou que haberá que agardar uns días máis para que se manifeste o total dos estragos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?