Recomendan non consumir auga da billa en Betanzos tras un gromo de gastroenterite

Preocupación en Betanzos pola calidade da auga municipal. Un gromo de gastroenterite durante esta fin de semana fixo saltar todas as alarmas por si a orixe do foco estivese na traída de auga municipal.

As cifras oficiais falan de 103 casos diagnosticados, pero en Betanzos din que son máis.

As analíticas realizadas ata o de agora pola empresa concesionaria do servicio dan como resultados que a auga cumpre cos parámetros para o consumo, pero séguense realizando máis probas. Algúns veciños notaron xa o venres que a auga ulía mal.

O Sergas está a realizar un estudo epidemiolóxico para buscar a orixe do gromo e mentres tanto recomenda non consumir auga da billa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha