Recoñecemento a máis dun cento de voluntarios de Protección Civil


A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) acolleu o acto de entrega das medallas aos voluntarios de Protección Civil. A concesión destas medallas ten por finalidade distinguir as persoas físicas ou xurídicas e/ ou ás institucións que sobresaian polas súas actividades en materia de protección civil, así como a prestación de servizos continuados no tempo, de interese para a protección civil, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os galardoados levan a cabo un traballo completamente altruísta no seu día a día para velar pola seguridade dos seus veciños, con especial dedicación nos meses máis duros da pandemia do coronavirus coa entrega de alimentos e medicamentos, o acompañamento de persoas que viven soas ou a desinfección de espazos públicos. Por iso, entre as condecoracións destaca a entrega da Medalla de Ouro ao conxunto das agrupacións galegas pola súa colaboración na loita contra a covid e a súa contribución á sociedade na atención da poboación na crise sanitaria.

Medallas ao mérito da Protección Civil de Galicia 2020

Aboal García -Tuñón, José Luis (ouro)
González del Oso, José Antonio (prata)
Pérez Barrientos, Ramón (prata)
Moledo Arufe, Eduardo (bronce)
Rodríguez García, Ángel Rafael (bronce)
Nogueiras Iglesias, Juan Carlos (bronce)
González Maside, Norberto Aser (bronce)
Martínez Núñez, Emilio (bronce)
Do Rio Augusto, Fernando Antonio (bronce)

Medallas ao mérito da Protección Civil de Galicia 2021

AVPC de Calicia pola colaboración contra a covid (ouro)
Barca Añón, José Luis (ouro)
Corral Sánchez, Juan Manuel (prata)
Míguez Otero, Juan (prata)
Otero Prol, Víctor (prata)
Lombardía, López, Víctor (bronce)
Rey Noya, Cesáreo (bronce)
De Prada Creo, Francisco (bronce)
Pérez Hermo, Ignacio Javier (bronce)
Núñez Picallo, Ismael (bronce)
García Rúa, M.ª Rosario (bronce)