30
Varias agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre elas as de Malpica, Carballo ou Muxía recibiron este sábado varias condecoracións na cerimonia celebrada na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada. Foron recoñecidos coa medallas de Mérito e Recoñecemento á Antigüidade e a Constancia nas categorías de Bronce, Prata e Ouro, así como a Medalla do Coronavirus con Distintivo ANAV polo traballo realizado durante a Pandemia, recoñecendo o Mérito e á Constancia. O acto asistiron numerosos alcaldes e concelleiros da Costa da Morte, entre os que se atopaba o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o concelleiro de obras, Miguel Ángel Fernández.