Os atletas Pablo Bocelo Bellas (Sociedade Gimnástica de Pontevedra) e Sandra Mosquera Losada (Comesaña Sporting Club) foron os gañadores da oitava edición da Carreira Pedestre Popular do Concello de Frades, celebrada este luns na contorna de Ponte Carreira e que rexistrou a maior participación da súa historia: 570 atletas, un 17% más con respecto a edición de 2019. Bocelo e Mosquera toman así o relevo de Nuno Costa e Edymar Brea, gañadores da anterior edición e que non participaron este ano.
O tempo acompañou, cunha xornada primaveral moi agradable para a práctica deportiva que na proba masculina obtivo os seguintes resultados: Bocelo Bellas sacoulle 35 segundos ao terceiro clasificado, Jorge Puig Malvar (Club Atletismo Santiago), quen bateu na mesma liña de meta a Pedro Liste Monteagudo (Club Atletismo Tambre). Ambos os dous chegaron cun tempo de 27 minutos e 35 segundos. Completou o podio de distincións o atleta independente Germán López Vázquez, cun tempo de 28 minutos e 2 segundos.
Por outra banda, na proba feminina Sandra Mosquera investiu un tempo de 32 minutos e 19 segundos, que lle permitiron entrar no posto 27 da carreira absoluta e cunha moi cómoda vantaxe sobre a súa perseguidora de máis de vinte segundos, pois Tina Fernández Barreiro (Club Atletismo Sar) con 32 minutos e 31 segundos (posto 30 da xeral). Completou o Podio Ainoha Gontán Iglesias (SD Compostela Atletismo) cun tempo de 33 minutos e 46 segundos. Tamén foron galardoadas Elena Veres Ojea (SD Compostela Atletismo) e Beatriz Barroso Pérez (Club Atletismo Noia), cuns tempos de 33 minutos e 58 segundos e 34 minutos e 23 segundos, respectivamente.
Outros premios
Ademais dos correspondentes trofeos, estes dez primeiros clasificados de ambas categorías levaron uns premios en metálico de 300, 200, 100, 75 e 50 euros, respectivamente. O Club SD Compostela Atletismo gañou o triunfo por equipos nas categorías masculina e feminina. No caso dos homes, fíxoo relegando ao terceiro posto ao Club Atletismo Sar Petroni, gañador das catro derradeiras edicións, e deixando como segundo ao Club Atletismo Tambre (de Oroso) e como cuarto ao Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago. Na categoría feminina, o triunfo foi para as atletas da SD Compostela Atletismo, seguidas do Club Atletismo Sar.