Récord de participación no ‘Xantar dos Maiores’ de Vimianzo

1 minutes read

Vimianzo acolleu este sábado a XIX edición do ‘Xantar dos Maiores’ e con récord de participación. Máis de 1000 persoas estiveron reunidas no polideportivo municipal desfrutando dunha xornada que levaba sen celebrarse desde antes da pandemia e cuxo obxectivo principal é a cohesión social da veciñanza.
Esta nova edición contou coa presenza da alcaldesa, Mónica Rodríguez, de membros do goberno local e tamén da corporación municipal. Acudiron ademais, autoridades como o deputado provincial, José Manuel Pequeño, e a subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas.
En canto á programación, ás 12:00 horas tivo lugar a apertura de portas e benvida con Pasarela Big Band para, ás 12:30 horas, dar paso á misa cantada. A Coral municipal actuou ás 13:15 horas compartindo de novo escenario coa Big Band previo xantar, que arrincou arredor das 14:00 horas.
Ás 17:00 horas comezaron as actuacións musicais da man de Noli, cantante da orquestra ‘Los Satélites’; César Romero, director da orquestra ‘Cinema’; Antonio Barros, gañador do programa ‘Recantos’ de Luar; Paco Lodeiro, humorista; e Tania Veiras, cantante e presentadora. Unha hora máis tarde tivo lugar o sorteo de agasallos entre todas as persoas asistentes.
A cita, organizada polo Concello de Vimianzo, é un evento dirixido a aquelas persoas de 60 ou máis anos que lles permite reunirse co resto de veciñanza e amizades. Un xantar que ao que acoden de balde e do que gardarán un bo recordo despois de catro anos de obstáculos e momentos moi difíciles.
Desde o Concello agradecen o traballo, esforzo e boa disposición de todas as persoas implicadas directa e indirectamente nun acontecemento posto en marcha para os que consideran son o piar do que se segue sostendo o municipio.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?