A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o récord de participantes no certame Xuventude Crea con preto de 500 candidaturas de mozas e mozos galegos. Fíxoo na visita á final da modalidade de graffiti que está a ter lugar hoxe no Parque da Alameda de Santiago de Compostela.
Fabiola García subliñou que esta iniciativa é unha oportunidade e un escaparate para que a mocidade galega mostre todo o seu talento. A visibilidade deste programa foi un dos motivos principais de que o número de participantes aumentara ao redor dun 30% con respecto o ano pasado.
A conselleira de Política Social animou á xuventude galega a continuar mostrándolle ao mundo todo o que son capaces de facer, e asegurou que, pola súa banda, o Goberno galego seguiraos a apoiar para dar a coñecer todo o talento e potencial nas diferentes vertentes deste programa.