Récord de temperatura máxima no Reino Unido | 40,3º en Lincolnshire


As temperaturas en Reino unido superaron este martes os 40 graos, un récord histórico, segundo os datos provisionais da Oficina de Meteoroloxía do país. A última actualización coa temperatura máis alta marca os 40,3 graos na rexión de Lincolnshire (este), rexistrados ás 16.00 horas (hora local). Esta nova cifra supera a a anterior de 40,2 graos confirmada este mesmo martes no Aeroporto de Heathrow de Londres. Gran parte de Inglaterra está en alerta vermella pola onda de calor, mentres que o resto do territorio do Reino Unido permanece en ámbar -unha menos que a vermella- polas elevadas temperaturas. Os expertos adiantan que os termómetros poden chegar a marcar os 42 graos.