Este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social publicou os datos relativos ao número de cotizantes do mes de xuño, e a afiliciación marcou un récord histórico: no mes pasado produciuse un aumento de persoas ocupadas, concretamente 75.584, co que se sobrepasaron os 19.5 millóns de cotizantes.
O número de parados rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) reduciuse en 63.805 persoas durante xuño, marcando o menor recorte nese mes desde 2009. Aínda así, non todo son boas novas, xa que o paro segue por encima dos 3 millóns, moi lexos dos mellores números da serie.
A maioría das persoas que saíron do paro rexistráronse no sector servizos (51.452 parados menos), seguido do colectivo que non traballara con anterioridade (7.994), da agricultura (5.815), a industria (5.808) e a construción (4.066).