Recrúase a violencia nas rúas


Durante a pasada fin de semana Barcelona foi protagonista das protestas celebradas contra as restricións e o estado de alarma. A praza de Sant Jaume da cidade condal e os seus arredores foron escenario de enfrontamentos protagonizados por grupos de persoas que provocaron graves altercados, como o asalto a un Decathlon. Pero non foi a única. En Burgos, a intensidade dos disturbios obrigou, nalgúns momentos, aos axentes da policía local e nacional a replegarse. En Madrid os violentos cortaron a Gran Vía con barricadas formadas por colectores ardendo. O resultado final: 33 detidos, algúns deles por saqueo a tendas, e 3 policías con feridas leves. O SAMUR chegou a atender a 12 persoas.