Recta final das obras de ampliación do cemiterio de Carballo

1 minutes read

A colocación da pedra pon fin á primeira fase das obras de ampliación, que estiveron marcadas, por unha banda, polos problemas de escaseza de materiais, que obrigaron á empresa construtora a parar os traballos durante semanas, e, por outra, pola suba de prezos, o que obrigou a realizar este novo contrato específico para o revestimento. Nesta primeira fase acometeuse a construción de 720 e 96 columbarios, distribuídos en catro alturas e con acabados en pedra natural, mantendo o modelo existente. Así mesmo, en cumprimento da lexislación autonómica sobre sanidade mortuoria, nesta primeira fase tamén se instalou un forno incinerador para a eliminación de roupas, útiles, madeiras e demais residuos procedentes da evacuación e limpeza de sepulturas ou do propio cemiterio. A intervención, que supuxo un investimento de máis de 600.000 euros, completouse coa urbanización do espazo. As obras estiveron supervisadas este venres polo alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?