Recta final de Fanzine Fest 2021 na Coruña

1 minutes read

Nas súas últimas tres xornadas, entre o venres 3 e o domingo 5, un total de 17 artistas locais e internacionais, tanto da música electrónica como das artes visuais, ofrecerán unha experiencia sensorial única na Coruña. Polos escenarios do Teatro Colón, Fundación Luís Seoane e Sala O Túnel desfilan desde este venres figuras internacionais como Anthony Rothe ou Martin Messier, pero tamén destacados artistas nacionais ou locais como Orbe, Okkre, DJ Ino, Parallax, Roi ou Athal- Berath. As súas sesións convivirán, ademais, coas visuais de artistas de Galicia como Marta Verde, The End ou The Panic Room, e coas ilustracións en directo da coruñesa Bea Albaladejo. A aposta pola visibilización do talento galego, que supón o 70% do cartel, define a sétima edición de Fanzine Fest, nun ano que o seu cartel transita entre o techno, house, dance, ambient ou punk electrónico.