Recuperan con vida cinco vacas que caeron a un pozo de xurro en Santa Comba

0 minutes read

Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Santa Comba puideron recuperar con vida a cinco das sete vacas que caeron este xoves nun pozo de xurro ao romper a viga do seu peche.

Sucedeu no lugar do Ribeiro, na parroquia de Mallón, ao fío das 19:10 horas.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Santa Comba, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil. Por sorte poideron recuper cinco vacas vivas.