Recuperan en Lugo seis vehículos empregados para cometer roubos

A Policía Nacional localizou en Lugo seis vehículos que foran roubados e que as forzas de seguridade consideran implicados tamén en roubos con forza. A brigada da Policía Xudicial que investigaba os roubos atopou catro dos coches nas inmediacións do poboado do Carqueixo, na parroquia de Bóveda. Dous deles estaban calcinados e un dos outros dous, localizado entre a maleza, é o vehículo municipal do Concello de Outeiro de Rei que fora roubado do interior dunha nave. Tamén localizaron coches roubados nas parroquias de Mazoi e Rubiás.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha