Recuperan na Costa da Morte varios contedores caídos dun barco


As malas condicións meteorolóxicas destes días, con ondas de ata 6 metros e ventos de 140 quilómetros por hora, provocaron que un mercante que navegaba entre Vigo e a Costa da Morte perdese parte da súa carga. Son plataformas metálicas bastante pesadas, ocas por dentro e empregadas para obra civil. Miden entre nove e 12 metros de longo e tres de ancho. Desde Salvamento Marítimo pediron precaución aos barcos que transitaban por esta zona. Varios pesqueiros recuperaron este venres da auga varias destas plataformas.