Recuperan o cadáver dun home afogado no porto de Vilanova de Arousa

Vehículos Protección Civil Vilargacía de Arousa_Facebook Asociación

O corpo sen vida dun home foi localizado esta noite aboiando no peirao de Vilanova de Arousa, a uns catro metros de terra.

Foron os axentes da Garda Civil os que alertaron ao 112 Galicia da presenza do cadáver ás 5:10 horas.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros do Salnés e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

As autoridades tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.