Recuperan o corpo sen vida dun pescador que desaparecera en Nigrán


A patrulleira Río Guadalope, da Garda Civil, atracou no porto de Baiona co cadáver do veciño de Parada, en Nigrán, rescatado en augas do Monteferro. O home saíra a pescar na zona das Penizas. Tiña a rutina de facelo entre as nove e media e as doce da mañá, pero desta volta non regresou a comer a casa. A familia deu a voz de alarma e activouse un amplo dispositivo de busca. Efectivos do Ges e Protección Civil do Val Miñor, da Policía Local de Nigrán e axentes da Garda Civil rastrexaron a zona desde terra. Nos traballos tamén participou o helicóptero Pesca 1 e por mar, efectivos de Salvamento Marítimo e da Garda Civil con varias embarcacións. Foi a patrulleira do instituto armado a que localizou o cadáver no mar e o levou a terra. A vítima tiña 47 anos. Descoñécense as circunstancias en que caeu o mar.