Red Eléctrica pide medidas «urxentes» ante o risco dun novo apagamento

A Entidade detectou nas dúas últimas semanas «variacións bruscas de tensión» no sistema eléctrico español, polo que pediu medidas urxentes ante o risco dun novo apagamento. Segundo o xestor eléctrico, estas incidencias poderían ter un «impacto na seguridade da subministración se non existen cambios». Pediu á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CMMC) aprobar modificacións para reforzar o sistema. O xestor recalca que «o operador relaciona estas variacións con cambios bruscos de programa, en particular da xeración renovable». Tamén vincula estas incidencias co «tempo de resposta da xeración provedora de control dinámico de tensión», subliña o documento remitido.

Related posts

Dous incendios, en Coristanco e Carballo, puxeron en alerta este mércores aos servizos de emerxencia

A Laracha avanza na contratación do proxecto de mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial

Vimianzo acollerá unha das proxeccións da VIII edición do Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais