Redeiras de Corme elaboran complementos para mascotas

2 minutes read

A nova colección de complementos para mascotas da marca pontevedresa The Painter’s Wife está elaborada por Redeiras Artesás de Corme, no marco do proxecto Enredadas, impulsado pola Xunta de Galicia. A colaboración é o resultado do último dos cursos de formación especializada dirixido ao colectivo de redeiras artesás galegas, Integrando a artesanía no sector das mascotas, que se desenvolveu no porto de Corme (Ponteceso) entre os meses de maio e xuño deste mesmo ano.

Esta actividade formativa impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia e pola Consellería do Mar e na que participaron oito redeiras artesás, estivo impartida por Rosana Agrelo e Sara Prieto. O seu obxectivo era a creación dunha colección cápsula de colares e arneses para cans, realizados integramente á man, empregando materiais procedentes das artes de pesca.

Esta nova colección de complementos para mascotas de Artesanía de Galicia estará á venda na tenda en liña de The Painter’s Wife e estará dispoñible tamén no mercado Le Bon Marché de París, onde a marca The Painter’s Wife contará cunha tenda temporal durante os meses de setembro e outubro. Neste espazo está previsto que as Redeiras de Corme realicen unha exhibición do seu traballo e unha personalización de correas nestes exclusivos grandes almacéns parisienses, con motivo da inauguración desta tenda a finais de agosto. 

The Painter’s Wife é unha marca de roupa e accesorios para cans e os seus donos fundada por unha especialista en moda e arte e mais un veterinario que conseguen trasladar ao lifestyle canino a filosofía e as necesidades dos seus donos de hoxe, cun enfoque divertido e contemporáneo. Desde o seu lanzamento, este proxecto traballa con materiais sustentables e da máis alta calidade, na súa maioría de orixe e produción local. Nesta ocasión, incorporan ademais o traballo do colectivo das redeiras, un oficio de fonda tradición na costa galega que está amparado ademais pola marca Artesanía de Galicia.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?