Redondela toma nota da experiencia carballesa en compostaxe

Unha delegación do Concello de Redondela encabezada pola concelleira de Persoas Maiores e Infancia, Sanidade e Medio Ambiente, Pilar Martínez González, e o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar Rodríguez, visitou Carballo para manter unha toma de contacto na xestión dos residuos orgánicos e na compostaxe. Ambos mantiveron unha xuntanza co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, na que tamén participaron técnicos vinculados aos servizos municipais de xestión dos residuos, que expuxeron as liñas básicas do traballo que vén desenvolvendo o Concello de Carballo nesta materia, así coma os aspectos administrativos e o funcionamento do servizo, sobre todo no que se refire ao programa de compostaxe na zona rural e á experiencia urbana “Ti tes a chave”. Durante a súa estadía en Carballo, os representantes do Concello de Redondela tamén se reuniron coa concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures, coa que falaron sobre políticas sociais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha