Redución de actos no Carme de Camariñas

Comisión Carme Camariñas 2019.

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” comunica que, despois de manter reunións coas autoridades locais, coa parroquia e con tódolos colectivos que, directa ou indirectamente, participan e colaboran coa organización das Festas do Carme, teñen elaborado un programa para celebrar o Dia do Carme coa dignidade que se merece e sen poñer en perigo a saúde pública, e que queda do seguinte xeito:

  1. Aínda que a lei o permite, NON HABERÁ VERBENAS.
  2. Coa colaboración do concello, tal como está a facer no resto das parroquias, haberá grupos de gaitas e charangas que amenizarán as rúas e prazas.
  3. Non haberá procesión, entre a Igrexa de San Xurxo e o Curbeiro, da Virxe Grande que permanecerá na igrexa parroquial.
  4. A Misa do Carme celebrarase na Praza do Mercado coa Virxe Pequena. O recinto estará valado e con un único punto de entrada e outro de saída. En ámbolos dous haberá xel desinfectante e tódolos asistentes á Misa deberán levar máscaras.
  5. A Danza de Arcos homenaxeará á virxe facendo un túnel de honra entre a capela do Carme e a Praza do Mercado.
  6. Ao remate da Misa, a virxe, acompañada da Danza de Arcos, irá en procesión ate o Curbeiro onde se fará unha ofrenda floral e un acto de homenaxe aos homes e mulleres do mar falecidos no último ano.
  7. Rematado o acto no Curbeiro, a imaxe da virxe, acompañada pola Danza de Arcos, retornará a súa capela. Neste intre prenderase lume a unha gran traca de fogos artificiais.
  8. O día 17 haberá funeral polos mariñeiros defuntos na igrexa parroquial de San Xurxo.
  9. A celebración destes actos, sobre todo os gastos que ocasiona a traca, obrígan á comisión a saír a pedir donativos de tódolos camariñáns que queiran e poidan aportar o seu grao de area para que as Festas do Carme non morran.
  10. Tamén teremos á venda mascariñas, bandeiras, e outros materiais para a mesma finalidade.

Caión tamén cancela todas as festas do verán

Esta decisión foi tomada polas directivas do Club do Mar e da Peña Royal como unha medida preventiva tratando de frear a expansión ou contaxio por coronavirus. Polo tanto quedan canceladas as festas de Corpus, do Carme, dá Sardiña, do Mexillón e tamén as festas dos Milagres.