Reestruturación de cargos en UCIN Lugo

1 minutes read

O coordinador de UCIN Lugo, Alfonso Hortas, designou os cargos de secretaría e tesourería, no devandito nomeamento a secretaría do partido foi outorgada a María del Carmen Díaz Álvarez e a Tesourería a Araceli Vázquez Vázquez, dúas persoas nas que o Coordinador comenta que á parte de nomealas para estes cargos son dous das súas persoas de confianza e que ademais sabe que achegarán moitas cousas á coordinación de Lugo á parte de traballo, xa que nas eleccións pasadas ás alcaldías puido comprobar como «arrimaron o ombreiro» e esforzáronse ao máximo para dar a coñecer a UCIN en Lugo.
Tamén se designaron os postos de responsable en redes sociais cuxo departamento vai dirixir Daniel Parga Barciela, e o de fotografía que será José Antonio Durán a persoa que vai xestionar esta área.