A exitosa contraofensiva do Exército ucraíno precipita os plans do Kremlin de anexionar os territorios ocupados polas súas tropas. E se non é cos tanques, podería ser mediante referendo. As autoridades prorrusas en territorios baixo ocupación militar de Jersón e Zaporiyia anunciaron a inminente celebración dun referendo de adhesión a Rusia. Os referendos celebraranse entre o 23 e o 27 de setembro, tamén en Donestk e Luganks adiantándose á data inicialmente prevista para o 4 de novembro. O ministro de Exteriores ruso, Serguéi Lavrov precipitouse a dar estas declaracións antes de viaxar a Nova York para participar na Asemblea Xeral da ONU. Ucraína, que recuperou en dúas semanas máis territorio que o arrebatado por Rusia desde o pasado mes de abril, interpreta estes referendos como un reflexo do pánico ruso tras ver como as súas tropas foxen, tras o ofensiva lóstrego lanzada por Ucraína.
47