O remolcador ‘Insuíña Rande, con apoio dunha patrulleira da Garda Civil e unha embarcación de Vixilancia Aduaneira trata de remolcar cara ao porto de Aldán, en Cangas (Pontevedra), o narcosubmarino’ afundido a pasada fin de semana en Punta Couso. Segundo informaron a Europa Press fontes coñecedoras do operativo, a intención dos efectivos que se atopan na zona é tratar de remolcar o somerxible, que leva no seu interior unha «importante cantidade» de droga, ao porto de Aldán, que é o máis próximo. O submarino, que estaba a ser vixiado polas forzas policiais (nun operativo de Garda Civil, Vixilancia Aduaneira e Policía Nacional) foi afundido polos seus tripulantes na madrugada do domingo, e dous deles, de nacionalidade ecuatoriana, foron detidos nese momento.