Reflotan unha embarcación de recreo afundida no porto de Muxía

1 minutes read

Tratouse da reflotación da embarcación de lecer Ana María Primera, que estaba afundida no porto de Muxía. Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e persoal de Protección Civil da zona procederon a despregar dúas barreiras anticontaminación e esponxas absorbentes na súa contorna co obxectivo de atallar posibles verteduras no lugar pois a embarcación tiña no seu interior arredor de 30 litros de combustible.

O propietario realizou as xestións necesarias para que a aseguradora se fixese cargo da súa recuperación e procedeuse a retirar a embarcación da zona. Os traballos para a posta en seco da Ana María Primera supoñen mellorar a seguridade da navegación no interior do porto de Muxía e evitar riscos para o resto de usuarios do peirao.