Esta pequena intervención levouse a cabo co fin de facilitar a entrada ao espazo aos autobuses. Para iso, ancheouse o paso intermedio a nivel entre a estrada e a praza, xa que as anteriores dimensións non eran axeitadas para o tamaño dos autobuses. Esta intervención supón unha evidente mellora na accesibilidade para todo tipo de vehículos, pero non modifica o plantexamento de estacionamento na Praza, na que só se segue permitindo o aparcamento de taxis e autobuses.