Reforzados os servizos de autobús ao IES de Brión cunha nova parada no centro educativo

1 minutes read

Dende este martes 19 de abril quedou habilitado un reforzo dos servizos de autobús ao IES de Brión, introducíndose unha nova parada no centro educativo.

Así, na actual liña de Santiago á Gándara, que sae de Compostela ás 07,45 horas introdúcese unha nova parada no instituto en época lectiva, con chegada ao centro ás 08,15 horas, dez minutos antes do comezo das clases.

Ademais, tamén se retrasará a saída da liña entre Santiago de Compostela a Negreira das 7,15 ás 7,25 horas, para ofrecer un mellor servizo aos estudantes do centro educativo.

Con estas melloras no servizo, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, atende a solicitude trasladada pola ANPA do IES de Brión para favorecer, principalmente, os desprazamentos do alumnado que procede de núcleos de poboación de fóra do termo municipal, tendo en conta que este centro educativo imparte estudos de ESO, Bacharelato e FP.

Aínda que o impacto da nova parada que se introduce na liña de Santiago á Gándara na duración da viaxe é mínimo, fóra da época lectiva o servizo manterase como ata o de agora, adecuándose ás necesidades de cada tempada.