A Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), reforza con 36 funcionarios o servizo de atención aos contribuíntes galegos durante a Campaña da Renda 2021. A estes traballadores hai que sumarlle outros seis funcionarios da Xunta que realizarán labores de coordinación. A ATRIGA vai colaborar coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) no desenvolvemento da Campaña da Renda 2021, e este ano destina preto de 200.000 euros ás plataformas mixtas de apoio ao contribuínte. A través destas plataformas, situadas en dependencias da AEAT nas sete grandes cidades galegas, os contribuíntes reciben axuda e asesoramento para facer a declaración do IRPF e a súa presentación a través de asistencia telefónica ou asistencia presencial. Desas 36 persoas contratadas para reforzar o servizo de atención aos contribuíntes na Campaña da Renda 2021, 11 corresponden á cidade de Vigo; seis á de Pontevedra; outros seis á de Lugo; cinco á de Ourense; tres ás de Santiago de Compostela e Ferrol respectivamente, e dúas á de Coruña.
35