Reforzaranse os servizos de limpeza e comedor escolar nos centros educativos

Así o avanzou o conselleiro Román Rodríguez no Parlamento, deste xeito o departamento educativo da Xunta ten previsto, nos próximos días, reforzar o servizo de limpeza dos centros educativos cuxa xestión depende da administración autonómica, como é o caso dos centros de secundaria (que representan aproximadamente a metade dos centros educativos de Galicia).

Ademais, vanse incrementar os recursos e o persoal que atende o servizo de comedor escolar (tanto de xestión directa como indirecta), o que na práctica se vai traducir en máis prazas; polo que se atende así unha das demandas expresadas pola comunidade educativa a este respecto. Neste eido, a Consellería está elaborando un documento que permita abrir a incorporación de colaboradores e coidadores de comedor que ata o de agora está normativamente acotado a persoas de grao directo vinculado á comunidade educativa.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade subliñou que este reforzo de servizos complementarios enmárcase no contexto do actual curso escolar, co fin de garantir a máxima seguridade no ámbito académico ao tempo que atender ás necesidades que se produzan. “A Xunta, co esforzo de toda a sociedade galega, está poñendo sobre a mesa o reforzo orzamentario necesario para atender diferentes cuestións que xorden”, abondou Román Rodríguez, ante as interpelacións dos grupos parlamentarios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha