Reforzo da actividade educativa con 55.000 dispositivos dixitais

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou o reforzo da actividade educativa cun plan de educación non presencial e semipresencial, que permitirá aos alumnos contar, ao longo do curso, con 55.000 dispositivos dixitais. Feijóo subliñou que o plan está estruturado en catro grandes eixes de actuación, con medidas dirixidas ao alumnado, ao profesorado, aos centros e ás familias. No caso do alumnado, reiterou que a primeira acción pasará pola dotación de dispositivos dixitais, co obxectivo de contar cun total de 55.000 dispositivos electrónicos: 20.000 para prestar ao alumnado con máis necesidades económicas, mentres que os restantes corresponden aos participantes no programa de libro dixital E-Dixgal.

Declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha