Reforzo na liña de autobús que conecta Ferrol con Miño e Betanzos

1 minutes read

A Xunta reforzará desde o vindeiro venres, 29 de abril, unha das liñas de autobús do transporte público interurbano que conecta a cidade de Ferrol coas localidades de Miño, de Paderne e de Betanzos.

Este reforzo dos servizos forma parte dos traballos de seguimento continuo que a través da Dirección Xeral de Mobilidade, mantén do Plan de Transporte Público de Galicia co fin de adaptar a configuración da oferta actual ás cambiantes condicións da demanda e necesidades de desprazamento da cidadanía.

Como parte desta reorganización, tanto os núcleos de poboación de Miño como de Paderne amplían a cobertura dos servizos que lles permiten desprazarse de luns a venres ás 15:20 horas ata Betanzos. En concreto, ampliarase ata Betanzos a liña que actualmente presta servizo nos días de semana entre Miño e Ferrol, que alonga o seu percorrido para atender tamén os desprazamentos entre as poboacións intermedias.

Toda a información relativa aos novos reforzos nos servizos de autobús estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal