Reforzo nas frecuencias de autobús durante as festas de Sada

1 minutes read

O día 16 haberá un servizo para facilitar o acceso á festa desde Entrexardíns ás 23:00 horas. O día 17, coincidindo co final da actuación da orquestra París de Noia, haberá un autobús desde o Hotel Sada Palace ata Entrexardíns, con saídas ás 4:00 e ás 5:00 horas.

O servizo especial fará paradas nos seguintes lugares: Entrexardíns, Costa Palloza 4 / 5, Coruña E.A., A Gaiteira, Os Castros, Chuac, Materno A Coruña, Xesuítas A Coruña, Ponte Pasaxe, Perillo, Perillo (Citroen), Perillo (Burguer King), Graxal, San Pedro De Nós, Alsina, Mesón Da Auga, O Carballo, Cristo Rey, A Cruz, Piñeiro Piscina (Ies Miraflores), Oleiros hacia Sada, Edreira, Osedo 1, Castelo Cruce Mosteirón, Palomar Osedo, Osedo 2, Osedo 3, Xeiseda, Xeitosiña, Tarabelo 1, Tarabelo 2, A Chaburra, Igrexa Nova, Concello De Sada e Sada Hotel Sada Palace.

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova e o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.