Como cada verán, reforzarase desde o 15 de xullo ata mediados de setembro a liña específica do Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012 para atender os avisos de niños de velutina coincidindo coa época de maior proliferación desta especie. Así, esténdese a cobertura a todos os días da semana en horario entre as 08,00 e as 20,00 horas, mentres que o resto do ano está activa de luns a venres tamén nese horario e os sábados de 08,00 a 17,30 horas. Outra vía complementaria na xestión de avisos que se estrea como novidade neste ano é un axente virtual, un robot de voz baseado nos últimos avances en linguaxe natural e con tecnoloxía de última xeración e intelixencia artificial que funciona as 24 horas do día e se atopa integrado na ferramenta de xestión de avisos. Nesta liña, mantívose o servizo de comunicación de resolución de avisos mediante SMS coas persoas que deron a notificación para informalas, o que supuxo no primeiro semestre deste ano máis de 5.500 mensaxes enviadas.
48