Reforzo no transporte público entre A Coruña e Oleiros

2 minutes read

A partir do vindeiro sábado, 29 de maio, unha nova liña de autobús que conectará A Coruña co polígono comercial de Iñás e tamén prolongará todos os servizos existentes que unen a cidade co núcleo de Oleiros ata o IES Miraflores.

Tanto a liña de nova creación, que dará servizo á área comercial, como as outras tres que se amplían ata o IES Miraflores, comparten o mesmo percorrido e as mesmas as paradas no treito comprendido entre o concello de Oleiros e Entrexardíns.

Este conxunto de modificacións, aprobadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, suporán trasladar á nova liña algúns dos servizos existentes desde Entrexardíns a Oleiros, polo que os usuarios habituais non verán modificados os horarios de saída e, á vez, permite conectar A Coruña co Polígono comercial de Iñás de xeito directo.

A nova liña engade, tras o seu paso polo IES Miraflores, un desvío ao polígono de Iñás que contará coas paradas de Fonte Douro, rúa Silvas, Carrefour, Centro Comercial, Arenaza, Decathlon, rúa Bergantiños, Royal Palace, Cristo Rey e A Cruz. Finalizado este percorrido, a liña volve ao instituto, onde remata o seu itinerario.

Desde a súa posta en funcionamento, esta nova liña contará con 43 servizos semanais, 7 ao día de luns a venres e 8 os sábados, con horarios que comezan ás 9,20 horas e rematan ás 21,20 horas.

Por outra banda, a outra modificación acordada prolonga ata o IES de Miraflores as liñas que conectan actualmente Entrexardíns e o núcleo de Oleiros, das que unha está deseñada como circular.

Entre a oferta completa de servizos que forman parte destas liñas foi preciso axustar a hora de saída de 5 expedicións dos sábados, que se atrasan 10 minutos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?