Reganosa solicita unha avaliación completa do seu impacto ambiental

A planta, en funcionamento desde 2007, solicita agora unha avaliación completa do seu impacto ambiental despois de que hai tres anos o Goberno central a eximise dese trámite durante o seu primeiro intento de legalización.

A de Reganosa en Mugardos é a máis pequena das seis plantas de regasificación existentes no Estado e foi impulsada polo grupo empresarial Tojeiro (propietario de Gadisa e Forestal del Atlántico) co apoio do Goberno galego daquela presidido por Manuel Fraga. Xunto coas críticas dos veciños e ecoloxistas polo seu emprazamento no interior da ría de Ferrol (por cuxa estreita bocana deben pasar os barcos gaseiros que a abastecen, o que consideran un risco engadido á súa proximidade ás vivendas) tamén está en dúbida a súa propia eficiencia polo seu escaso uso ao longo do ano, segundo salientou hai uns meses a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha