Regresa a expedición larachesa que visitou a Sierra de Francia e o Valle del Jerte

1 minutes read

Este venres rematou a excursión á Sierra de Francia e ao Valle del Jerte organizada polo Concello da Laracha e na que participaron medio centenar de persoas da vila maiores de cincuenta e cinco anos de idade, xubilados e pensionistas, que estiveron acompañados na viaxe polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.

Desde a partida o pasado domingo puideron coñecer lugares como Salamanca, La Alberca, Ciudad Rodrigo, Peña de Francia, San Martín del Castañar, Las Hurdes, Candelario e varios puntos do Valle del Jerte. Este venres, antes de emprender a viaxe de regreso en autobús, visitaron o municipio de Mogarraz.

O Concello organiza este tipo de iniciativas cos propósitos esenciais de optimizar o tempo de lecer das persoas maiores ofrecéndolles actividades culturais para favorecer o envellecemento activo e fomentar as relacións sociais entre o colectivo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?