Regresa o volei á praia de Razo

O volei volve a estar presente este verán na praia de Razo cun completo programa organizado pola a Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte, en colaboración co Concello de Carballo. Como puideron comprobar o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, as redes están instaladas no areal carballés desde o 1 de xullo e dispoñibles para o público de 16.00 a 20.00 horas ata o 31 de agosto. Outra das opcións para practicar deporte son escolas de volei para todas as idades, a diario e de balde, de 17.00 a 18.00.

E, ademais, os días 10 e 11 de agosto disputarase unha nova edición, a número 12, do Torneo-Foliada Concello de Carballo, onde, ademais do campionato, haberá música, xogos sorpresa e unha paella para todos os participantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha