- O programa de actividades de animación á lectura “Ler conta moito” arrinca esta semana co espectáculo de Magín Blanco “O que levamos nas maletas”
A Biblioteca Rego da Balsa, en Carballo, abre as súas portas para darlle unha nova benvida ás actividades infantís, que volven con moitas novidades, sobre todo no desenvolvemento dos espectáculos. O programa de actividades de animación á lectura “Ler conta moito” arrinca esta semana co espectáculo de Magín Blanco “O que levamos nas maletas”.
Para afrontar a situación sanitaria actual e as restricións impostas por causa da Covid-19 no municipio, o local tamén oferta varias actividades a través da rede. Deste xeito, os espectáculos poderán verse en directo a través das canles de YouTube do Concello e das Bibliotecas de Carballo e tamén das páxinas de Facebook das Bibliotecas, o Concello e Cultura Carballo.
O aforo para os eventos físicos será moi limitado e sempre con inscrición previa no 981 758 580.
