0
Lucas Pérez marcou o tanto que abría o triunfo diante do Unionistas este domingo en Riazor. Mellor case que non se pode empezar, aos 4 minutos chegou o momento de Lucas Pérez que marcou o gol logo de canear o porteiro. Non chegaramos ao 10 cando o porteiro Salva foi expulsado por tocar o coiro coa man fóra da área. E faltaba o penalti cometido sobre Rubén Díaz e transformado por Quiles, ao que lle cedeu o balón Lucas. Ao remate, 3-0, e moi boas sensacións en Riazor.