Reino Unido concederá novas licenzas de petróleo e gas no mar do Norte

1 minutes read

Reino Unido avanza cara á independencia enerxética. O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, anunciou este luns a súa intención de conceder centos de novas licenzas de petróleo e gas no mar do Norte. 

A idea do Gobierno, segundo palabras do propio Sunak, non é outra que prescindir no posible dos combustibles fósiis chegados do estranxeiro —concretamente de Rusia—e aproveitar ao máximo todas as subministracións que poida ter o Reino Unido.

“Putin converteu nunha arma a subministración mundial de enerxía, disparando as facturas dos fogares e freando o crecemento económico en todo o mundo”, lembraba este luns Sunak a través de Twitter.

“Así que estou a tomar medidas para fornecer enerxía a Reino Unido desde Reino Unido, para ser máis independentes enerxeticamente, para reducir os prezos da enerxía e para facer crecer a nosa economía”, sentenciaba o primeiro ministro.