Reino Unido e a Unión Europea a portas dunha crise comercial por Irlanda do Norte


Do mesmo xeito que sucedeu durante as negociacións para lograr o Acordo de Saída da UE, Johnson parece disposto a levar o pulso ata as últimas consecuencias. Tras reunirse cos líderes de Francia, Alemaña e a UE, ameazou con adoptar medidas unilaterais para garantir que o fluxo de bens entre a illa de Gran Bretaña e Irlanda do Norte non sofre alteracións por culpa dos controis aduaneiros que establece o protocolo norirlandés. Aínda que non se esperaba que desas reunións bilaterais saíse unha solución definitiva, as palabras do “premier” afastaron aínda máis a posibilidade dun acordo.