O Goberno británico abre unha nova porta respecto á axuda de Occidente a Ucraína. A de entregarlle mísiles de longo alcance. Despois de enumerar as consecuencias da invasión rusa para o pobo ucraíno e para toda Europa, o ministro de Defensa Ben Wallace anunciábao este xoves na Cámara dos Comúns. Supón un paso importante no envío de axuda a Ucraína por parte de Occidente. O Kremlin respondeu que a decisión terá a súa resposta militar sobre o terreo. Desenvolvidos conxuntamente polo Reino Unido e Francia, os Storm Shadow, Sombra de Tormenta, teñen un alcance de 250 quilómetros. Son pouco detectables e poden causar moito dano á retagarda rusa. Con todo, Wallace destacou que non xogan na mesma liga que mísiles hipersónicos e de cruceiro rusos que superan os dous mil quilómetros.