Reino Unido pon fin ás restricións


Tras case un ano e medio de espera, as discotecas e clubs nocturnos do Reino Unido volven a abrir as súas portas este luns, coñecido xa como «o día da liberdade». En toda Inglaterra (no resto do Reino Unido rexen diferentes normas) non será necesario levar máscaras nin tampouco respectar unha distanca de seguridade. Todo iso, curiosamente, a pesar do aumento de casos de coronavirus. Boris Johnson xa advertía hai escasos días de que a pandemia, nin moito menos, terminou.

«Prevexo que cando as discotecas abran a semana que vén, darase un aumento de casos», alerta pola súa banda o virólogo Julian Tang, da Universidade de Leicester. «Porque esa xente que irá ás discotecas non está totalmente vacinada, non se está levando máscara e estase en contacto moi estreito, respirando fortemente, gritando moi forte ao ritmo da música, mesturándose e bailando con diferentes persoas… Ese é o cóctel perfecto para que o virus se propague», lembra Tang.