Reino Unido prepárase para o pico máis alto da pandemia


A sanidade británica loita por aumentar as unidades de coidados intensivos a medida que chegan a urxencias moreas de afectados por coronavirus. Londres é o punto de maior impacto onde os hospitais están desinfectando áreas enteiras e readaptando salas para instalar UCIS. O goberno británico tamén constrúe novos hospitais de campaña. O centro de feiras e congresos de Londres está a ser reutilizado para albergar ata catro mil pacientes con coronavirus. Outros dous feirais en Birmingham e Manchester funcionarán como clínicas auxiliares durante o pico da pandemia. Tamén no Reino Unido un punto prioritario segue sendo a grave falta de respiradores nos hospitais do país. Empresas como Ford e Airbus traballan agora xunto a universidades e empresas máis pequenas no deseño de prototipos listos para que sexan aprobados rapidamente pola Sanidade británica.