Reino Unido quere negociar un acordo comercial con Australia

dpm.

Aínda non transcorreu nin unha semana desde o Brexit, e Londres xa inciou contactos con Australia para negociar un acordo comercial. Aínda que deixou claro que non entraría en vigor antes de que finalicen os once meses do período de transición. «Falamos moito da Gran Bretaña global unha vez esteamos fore da UE, e para nós é unha visión ambiciosa que nos dá confianza e sitúanos ante un obxectivo global», explicou Dominiq Raab, Secretario de Estado británico para Asuntos Exteriores.

Reino Unido ten presa por chegar a un acordo con Australia para demostrar que ten opcións máis aló do bloque comunitario. A tensión entre Londres e Bruxelas están a facerse palpables na toma de posicións previa ás negociacións.

Reino Unido xa dixo que rexeita algúns dos postulados europeos, como a obrigación de respectar un nivel mínimo de estándares. E a idea de pechar un acordo á australiana, como propón Londres, non acaba de calar. Porque como lembra o exdirector da Organización Mundial de Comercio, nin tan sequera existe un acordo entre a Unión Europea e Australia.