A cifra oficial de falecidos por coronavirus no Reino Unido desde que comenzou a pandemia superou este martes a barreira dos 100.000, tras rexistrarse 1.631 novos mortos. En total, o Goberno británico contabilizou ata o de agora 100.162 falecidos por covid-19 nun prazo de 28 días tras dar positivo nun test, aínda que o número de certificados de morte en que se fai referencia á enfermidade entre as causas ascende a 103.602. O Executivo notificou este martes 20.089 contaxios máis, o que marca unha redución da cifra diaria de infeccións por cuarta xornada consecutiva. A cantidade de pacientes hospitalizados con coronavirus supera os 37.000, cerca do dobre do que se rexistrou no pico da primeira onda, a mediados de abril, tras producirse 3.341 ingresos en vinte e catro horas.
19