A prensa puido acceder a ver como é barco-cárcere que Reino Unido destinará para encerrar aos solicitantes de asilo. Ten espazo para medio milleiro de persoas. É unha barcaza sen motor propiedade da compañía de transporte e operacións marítimas Bibby Line, cuxo fundador, John Bibby (1775–1840), aparece vinculado con trata de escravos no Atlántico. Aquí encerrarán aos solicitantes de asilo ata que se tramiten as súas solicitudes. A medida de utilizar este edificio flotante saíu adiante grazas a unha lexislación do Gobierno de Rishi Sunak que foi aprobada tras vencer a resistencia da Cámara dos Lores. O ano pasado máis de 45.000 persoas tentaron chegar a Reino Unido pola Canle da Mancha. Esta próxima semana está previsto que empece a funcionar este barco. A medida segue xerando unha enorme polémica no país. Para moitas organizacións humanitarias trátase dun cárcere flotante.
36